jueves, 15 de noviembre de 2012

Almas, cores, olladas e sons...

... As pinturas haitianas recollen o espírito dun país que se ergue cada día cantando en creole, bailándolle á vida e saltando as pedras do camiño.

 
Pintura dun mercado haitiano, cheo de cores.
A beleza de Haití está na rúa, onde atopamos unha miscelánea de rostros que miran de fronte e berran cos ollos ó que os busca. A banda sonora é un dembow con cara de nena que recorre os mercados vendendo guandules, un golpe de sorte ben cedo pola mañá cando as mulleres se erguen e sospiran pensando o que vai ser, o mar caribe latexando, os pes descalzos, unha noite de vudú.
 
A loita é unha canción.
 



Unha praia de Anse á Pitres, un pobo do Sur haitiano.
A primeira rebelión de escravos foi nesta terra, e na súa cultura respíranse as ansias de cambio, pero tamén o amor polo seu. É por iso que a súa arte, presente en cada recuncho do país, adorna as soidades de propios i estranos.


miércoles, 14 de noviembre de 2012

O coco, esa froita que se converte en ATÍS!


 
A orixe do cocoteiro sitúase nas illas do Océano Pacífico, com climas tropicais e subtropicais, dende onde se extendei a Centroamérica e ó mar Caribe.
Durante o sécula XIX avanzouse no seu cultivo cara otras zonas de Sudamérica e cara a África tropical.
Palmeiral preto de Barahona
 
O cocoteiro era (e aínda é) unha palmeira moi apreciada, xa que del obtíñase comida, bebida, vestiário e madeira para construir casetas ou vivendas.
 
Actualmente, o cocoteiro é a palmeira máis cultivada e com maior importância económica do mundo. Entre os países que representan o vértice de produtores atópanse Haití e a República Dominicana.
O cocoteiro e o coco teñen unha presenza moi destacada nestas culturas. Pódelo atopar en calquera lado, tanto na fabricación dunca casa como madeira de construción,nas fermosas praias que semellan o paraíso, en xabóns, champúes, cosméticos, os animais comen fariña e follas de coco, úsase na medicina como astrinxente, diurético, bactericidia ou antiséptico e, por suposto é empregada na artesanía de diversas maneiras, dende a realización de esteras, cortina, sombreiros… de palma de coco ata as fermosas bolboretas, pulseras e colares que vos ofrece  Un chin de atís!
Pulsieras de coco e cucaracha de mar.
Xa sabedes, poñede un chin de coco nas vosas vidas!
 
E, non esquezades visitar a nosa páxina en facebook e darlle  a
 GÚSTAME!
 


 

 

martes, 13 de noviembre de 2012

Un chin de atís dende o Caribe




Atís é arte en criol, a lingua empregada en Haití. Chin é un pouquechiño na República Dominicana.

Dous países nunha mesma illa que comparten sabores, cores, paisaxes e moitas das súas tradicións e artesanía.

Un chin de atís é unha idea que xorde durante a estadía de catro mozas galegas en Dominicana. Coñecendo e explorando a illa démonos conta da cantidade de produtos e artesanía cos que conta e, que na nosa terra, non son coñecidos. Non é doado atopar un cadro dun mercado haitiano ou unha bolboreta de coco pintada a man nunha tenda de artesanía en Galicia.


Cadros de mercados haitianos.

Por iso, dende  Un chin de atís queremos ofrecervos a posibilidade de ter nas vosas casas artesanía haitiana e dominicana orixinal e de calidade.

 

+información:

Bolboretas feitas en coco e pintadas a man.
Facebook, onde podedes atopar tódolos produtos que vos ofrecemos e a información necesaria para realizar un pedido.

Twitter, onde iremos actualizando con novidades que poidan ser do voso interese.