jueves, 15 de noviembre de 2012

Almas, cores, olladas e sons...

... As pinturas haitianas recollen o espírito dun país que se ergue cada día cantando en creole, bailándolle á vida e saltando as pedras do camiño.

 
Pintura dun mercado haitiano, cheo de cores.
A beleza de Haití está na rúa, onde atopamos unha miscelánea de rostros que miran de fronte e berran cos ollos ó que os busca. A banda sonora é un dembow con cara de nena que recorre os mercados vendendo guandules, un golpe de sorte ben cedo pola mañá cando as mulleres se erguen e sospiran pensando o que vai ser, o mar caribe latexando, os pes descalzos, unha noite de vudú.
 
A loita é unha canción.
 



Unha praia de Anse á Pitres, un pobo do Sur haitiano.
A primeira rebelión de escravos foi nesta terra, e na súa cultura respíranse as ansias de cambio, pero tamén o amor polo seu. É por iso que a súa arte, presente en cada recuncho do país, adorna as soidades de propios i estranos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario