martes, 13 de noviembre de 2012

Un chin de atís dende o Caribe




Atís é arte en criol, a lingua empregada en Haití. Chin é un pouquechiño na República Dominicana.

Dous países nunha mesma illa que comparten sabores, cores, paisaxes e moitas das súas tradicións e artesanía.

Un chin de atís é unha idea que xorde durante a estadía de catro mozas galegas en Dominicana. Coñecendo e explorando a illa démonos conta da cantidade de produtos e artesanía cos que conta e, que na nosa terra, non son coñecidos. Non é doado atopar un cadro dun mercado haitiano ou unha bolboreta de coco pintada a man nunha tenda de artesanía en Galicia.


Cadros de mercados haitianos.

Por iso, dende  Un chin de atís queremos ofrecervos a posibilidade de ter nas vosas casas artesanía haitiana e dominicana orixinal e de calidade.

 

+información:

Bolboretas feitas en coco e pintadas a man.
Facebook, onde podedes atopar tódolos produtos que vos ofrecemos e a información necesaria para realizar un pedido.

Twitter, onde iremos actualizando con novidades que poidan ser do voso interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario